viernes, 27 de junio de 2014

II Campus de Baloncesto Galén-Ensino

  • Dende os 10 anos
  • Dúas quendas, dende o 30 de Xuño ata o 4 de Xullo e do 7 ao 11 de Xullo
  • No anexo o pazo provincial dos deportes
  • Dende as 10:00 h e ata as 17:00 h, con posibilidade de ampliación horaria dende as 9:00 h 
  • 90 euros con almorzo e comida incluidos
Dende a escola de baloncesto queremos ofertar unha alternativa de ocio específica. Nos últimos anos, a oferta de campamentos e campus multideportivos foron en aumento en detrimento dos campus específicos. 
Queremos ofrecervos un campus de baloncesto no que só se realizarán actividades relacionadas co noso deporte. Adestramentos específicos de técnica e táctica individual, para unha mellora global no xogo

Se queredes formalizar a inscrición, podedes facelo descargandovos a inscrición que se adxunta  e deixándoa no Centro Educativo Galén, nas oficinas do Club Porta XI Ensino (no pazo provincial) ou ben mandando un correo a escolabaloncestogalen@gmail.com

Teléfono de contacto-65155148- David Martínez - Coordinador do IICampus de Baloncesto Galén Ensino

Toda a información a podedes descargar nestes enlaces





No hay comentarios:

Publicar un comentario