viernes, 9 de junio de 2017

Premios Lider Lugo de baloncesto

Ano tras ano o suplemento da voz de Galicia, LiderLugo, organiza unha gala para premiar aos equipos campións, xogadores e adestradores destacados nas diferentes ligas. Este ano fixérono o pasado martes 6 de Xuño na facultade de Veterinaria.

Un evento moi ben organizado e con moito traballo detrais durante toda a tempada, un recoñecemento aos clubes, equipos, adestradores, xogadores.....a todo o que nos rodea no mundo do basket de formación.

Ben entendidos, estes premios son un orgullo para todos porque as votacións para os gañadores son feitas por compañeiros/as adestradores e adestradoras que recoñecemos o traballo que hai detrais dun equipo.

Sintome orgulloso de que os meus compañeiros e compañeiras doutros clubes nos escolleran a Amir e a min na categoría infantil masculino. Á súa vez moi orgulloso tamén de que me votaran na categoría cadete feminina. Todo isto é grazas o traballo en equipo pero sobreo todo o traballo dos xogadores e xogadoras por creer nas nosas propostas de xogo.  Grazas polo voso recoñecemento!!

Pero sobre todo síntome moi moi orgulloso de que mozos e mozas que xogan cos nosos equipos, ou que saíron da escola de baloncesto Galén Ensino sigan progresando como o fan. Síntome moi orgulloso de todo o traballo que fan connosco, ou cos clubes nos que están agora e saber que o que empezamos hai moitos anos xa segue dando froitos deportivos e educativos.

Este ano, como outros , nenos e nenas da escola de baloncesto Galén Ensino estiveron xornada tras xornada destacados nas diferentes categorías, así como os que xogan noutros equipos, ou mesmamente xogadores e xogadoras que non foron formados e formadas na escola de baloncesto pero se que pertencen ao noso centro educativo.

Dende aquí darlles a noraboa a todos e todas polos vosos premios. A todos e todas aquelas que non fostes premiados, tamén vos teño que darvos as felicitacións porque sen o voso traballo e sen a vosa mentalidade de equipo neste deporte ninguén destacaría.
Parabén a todos e todas as compoñentes dos equipos dos xogadores e xogadoras premiados!!

Os premiados que pertencen ao noso Centro Educativo Galén son os seguintes;

Nicolás Carballo
Carmen Leboreiro
Álvaro Rodriguez
Catuxa Carreira
José Olloqui
Ana Leboreiro

O MVP  da tempada levouno Alba Prieto, e para este premio tamén estaban nomeados Mateo Sánchez e Maite Franco. Os tres MVP das súas categorías!!

Un orgullo para o noso centro e para a escola de baloncesto Galén Ensino que estes mozos e mozas sexan uns grandes deportistas, co que todo isto conleva.

Parabén a todos e todas!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario