martes, 19 de septiembre de 2017

COMEZO DA TEMPADA 2017-2018

Comezamos a tempada 2017-2018

Xa comezamos os adestramentos desta nova tempada 2017-2018, podedes vir probar durante o mes de setembro nas nosas portas abertas. 

Os adestramentos da escola de baloncesto son no colexio de Galén, nos seguintes horarios: 


  • prebaloncesto (1ºe 2º E.P. 6 e 7 anos) martes e xoves de 14.10 h a 15.10 h                                                                                                                                                                                  
  • benxamines (3º e 4º E.P.,8 e 9 anos) martes e venres de 17.00 h a 18.15 h.                                                                                                                                                                                        
  •  alevíns (5º e 6º E.P. 10 e 11 anos)                                                Luns de 17.00 a 18.15 h todos e todas.                                                                                                                                                                                                                                                     Mércores de 17.00 a 18.15 h alevín masculino  de 18.15 h a 19.30 h alevín feminino                                                                                                                                                                                                                                                                             Xoves de 17.00 h a 18.15 h alevín feminino e de 18.15 h a 19.30 h alevín masculino



  • Os horarios dos equipos infantil masculino e infantil feminino (1,2ºESO 12-13 anos)  están por definir, de momento os mozos adestran os luns e martes de 18.15 h a 19.30 h en Galén, os mércores de 17.30 a 18.45 h no anexo. 



  • As mozas infantís feminino adestran os luns de 17.30 h a 19.30 h no anexo, os mércores de 20.00 h a 21.30 h no pazo provincial, xoves de 19.30 h a 20.45 h en Galén e o venres de 19 a 20 h no anexo


Sen ningún tipo de compromiso todo aquel e aquela que queira vir probar durante este mes será benvido/a ¡¡¡

                                      Isto comeza!!

martes, 4 de julio de 2017

Campus na costa lucense

Este verán para todos e todas os que vaiades estar na costa lucense poderedes gozar de dous campus de  calidade como son o Verancesto que organiza o Club Baloncesto Viveiro do 17 ao 21 de Xullo e un novo campus-campamento que organiza o noso club en Foz, do 30 de Xullo ao 5 de Agosto. 

Aquí déixovos o cartel do campus de Viverio e a ligazón onde podedes anotarvos no campus de Foz (clicade na foto)






Gozade do verán xogando ao baloncesto!!

lunes, 12 de junio de 2017

Exhibición fin de tempada en patinaxe

O pasado xoves 8 de Xuño, as nosas rapazas e rapaces de patinaxe fixéronnos unha exhibición a modo de baile no pavillón do centro.
Despois de todo o curso aprendendo diferentes figuras e movementos, chegaba a hora de demostrar o aprendido....... Gracias a Tania polo seu bon facer durante este ano!!

Aquí vos deixo o video onde podedes ver a actuación.


viernes, 9 de junio de 2017

Premios Lider Lugo de baloncesto

Ano tras ano o suplemento da voz de Galicia, LiderLugo, organiza unha gala para premiar aos equipos campións, xogadores e adestradores destacados nas diferentes ligas. Este ano fixérono o pasado martes 6 de Xuño na facultade de Veterinaria.

Un evento moi ben organizado e con moito traballo detrais durante toda a tempada, un recoñecemento aos clubes, equipos, adestradores, xogadores.....a todo o que nos rodea no mundo do basket de formación.

Ben entendidos, estes premios son un orgullo para todos porque as votacións para os gañadores son feitas por compañeiros/as adestradores e adestradoras que recoñecemos o traballo que hai detrais dun equipo.

Sintome orgulloso de que os meus compañeiros e compañeiras doutros clubes nos escolleran a Amir e a min na categoría infantil masculino. Á súa vez moi orgulloso tamén de que me votaran na categoría cadete feminina. Todo isto é grazas o traballo en equipo pero sobreo todo o traballo dos xogadores e xogadoras por creer nas nosas propostas de xogo.  Grazas polo voso recoñecemento!!

Pero sobre todo síntome moi moi orgulloso de que mozos e mozas que xogan cos nosos equipos, ou que saíron da escola de baloncesto Galén Ensino sigan progresando como o fan. Síntome moi orgulloso de todo o traballo que fan connosco, ou cos clubes nos que están agora e saber que o que empezamos hai moitos anos xa segue dando froitos deportivos e educativos.

Este ano, como outros , nenos e nenas da escola de baloncesto Galén Ensino estiveron xornada tras xornada destacados nas diferentes categorías, así como os que xogan noutros equipos, ou mesmamente xogadores e xogadoras que non foron formados e formadas na escola de baloncesto pero se que pertencen ao noso centro educativo.

Dende aquí darlles a noraboa a todos e todas polos vosos premios. A todos e todas aquelas que non fostes premiados, tamén vos teño que darvos as felicitacións porque sen o voso traballo e sen a vosa mentalidade de equipo neste deporte ninguén destacaría.
Parabén a todos e todas as compoñentes dos equipos dos xogadores e xogadoras premiados!!

Os premiados que pertencen ao noso Centro Educativo Galén son os seguintes;

Nicolás Carballo
Carmen Leboreiro
Álvaro Rodriguez
Catuxa Carreira
José Olloqui
Ana Leboreiro

O MVP  da tempada levouno Alba Prieto, e para este premio tamén estaban nomeados Mateo Sánchez e Maite Franco. Os tres MVP das súas categorías!!

Un orgullo para o noso centro e para a escola de baloncesto Galén Ensino que estes mozos e mozas sexan uns grandes deportistas, co que todo isto conleva.

Parabén a todos e todas!!





Horarios definitivos dos encontros

Como xa os comentáramos anteriormente, imos poñer os horarios definitivos da fin de semana. 

En infantil masculino, o noso equipo xoga hoxe as 18.30 h no pazo provincial dos deportes contra estudiantes no cruce da copa diputación. 

Dende as 18.00 h e ata as 19.45 h os nosos babybasket (1ºe 2º de E.P.) xogarán encontros contra rapaces e rapazas da sua misma idade no colexio de María Auxiliadora como acto fin de tempada nesta categoría. 

As nosas rapazas do cadete feminino, xóganse o ascenso a liga galega mañá sábado as 11.00 h no pazo provincial dos deportes contra Peleteiro B. 

Es o noso equipo alevín feminino, xoga o torneo de Pontedeume con estes horarios:


miércoles, 7 de junio de 2017

Encontros do venres 9 e sábado de de Xuño

Esta fin de semana xogan os nosos infantiles masculino o seu derradeiro encontro da tempada, o venres as 18.30 h no pazo provincial. 

O sábado o noso equipos alevín feminino, xogará un torneo amigable en pontedeume durante todo o día, aquí vos deixo os horarios da mañá, en canto teñamos os da tarde colgarémolos. 



O sábado as 11.00 h no pazo provincial dos deportes, o noso equipo cadete feminino xógase o ascenso a liga galega contra peleteiro. 

Todos e todas que queirades vaixar a animar as nosas rapazas seredes benvidos!! Xa que toda axuda será pouca!!

Vide a animar o noso equipo!!

XORNADA 10 E 11 DE XUÑO DE 2.017

2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Copa Primavera
Estudiantes 04 Leyma Natura –
Galén Ensino
Venres 18.30 h
Pazo Provincial

2ª DIVISIÓN CADETE FEMININA

ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Fase de Ascenso Grupo Norte
Star Center Ensino – Peleteiro B
Sá 11:00 h
Pazo Provincial